martes, 25 de marzo de 2014

DIA DO PAI.

O Día do Pai, en España, celébrase todos os anos o 19 de marzo. En 1948, Manuela Vicente Ferrero, coñecida polo seu pseudónimo literario "Nely" e mestra na Dehesa da Vila decidiu celebrar na súa escola unha xornada festiva para agasallar aos pais das súas alumnas. A idea xurdiu a petición expresa dalgúns pais que estaban "celosos" da celebración do Día da Nai e transmitíronlle o seu desexo de ter un día no que fosen eles os homenaxeados.
Actualmente, a incorporación cada vez maior da muller ao mundo laboral,a situación económica e os momentos de crises polos que estamos a pasar; modificou a repartición das tarefas diarias e provocado que os homes teñan que modificar as súas relacións tanto cos fillos como no fogar. Aparece, por tanto,unha nova  forma de ser e sentirse pai,os homes crean un vínculo cos seus fillos desde o nacemento e participan activamente na súa crianza concibindo o proceso de parentalidade en base a roles compartidos.

De todas formas: A pesar de deixar de ser o dia festivo e que no século XXI atopámonos con familias pluriparentais, multiparentais, co-parentais, biparentais, monoparentais, homoparentais, etc.Feliz dia do pai.


de agasallo: camisas e gravatas....
...con todo o noso amor

martes, 11 de marzo de 2014

FESTA DO ENTROIDO

Parece que foi onte, cando celebramos o noso primeiro entroido(disfrazados de elfos e un dragón xigante). Vinte anos despois, seguimos celebrando o entroido. Pero esta vez acompañados daquelas primeiras nenas e nenos, que agora se converteron nunhas mozas e mozos estupendos.
Paradoxos da vida, este ano fomos de "Aventura en cueiros": o eterno retorno
Terminamos no Samana, con música,merenda,chocolate e un anaco de torta conmemorativa (cáensenos as bágoas de emoción). Grazas a todos.
Para máis información e mellores fotografías en Catrogatos

http://www.catrogatos.com/2014/03/a-choiva-non-puido-coa-ilusion/








vémonos,todos,dentro doutros vinte anos

domingo, 2 de marzo de 2014

ENTROIDO NA ESCOLA

Disfrazados de ...guapos,de divos. Saímos da escola para dar un paseo polo barrio e de paso fomos ao supermercado Froiz, onde nos obsequiaron cunhas "chuches" e un cálido recibimento;grazas.