lunes, 8 de septiembre de 2014

ADAPTACIÓN



O período de adaptación á escola infantil

O ingreso na escola infantil supón un cambio moi importante para o neno,xa que se separa da súa familia para pasar a un espazo totalmente diferente e con outros nenos e adultos.

Consellos para pais:

A vosa actitude é moi importante. É necesario non actuar con inseguridade, dúbida ou culpabilidade.
    Durante o período de adaptación, na medida das vosas posibilidades é conveniente que tentedes tanto levalo como buscalo vós mesmos, iso daralle seguridade e afarase antes ao cambio.
    Debemos evitar a chantaxe afectiva tal como “non chores que mamá se vai triste”, ou a mentira “non chores que mamá vén agora”.
    Cando sexa a hora de marchar é mellor non alargar a situación: dicir adeus con seguridade e alegría. É importante que non pense que a marcha dos pais é opcional ou que sé protesta con forza impedirá a partida.
    Non prolongar as despedidas en exceso. Hai que transmitir ao neno que o que estades a facer é o mellor para el.
    Deixaremos que o neno leve, se así o desexa, o seu xoguete favorito, algo que lle sexa familiar e mantéñalle unido co seu fogar.
    Non é un bo momento para introducir máis cambios na vida do neno (quitar cueiros, cambio de habitación...) Será conveniente esperar a que supere o proceso de adaptación.
    Evitar ao recollerlle frases como “pobriño, que te deixamos só”.
    Poida que o neno, no reencontro cos pais chore ou mostre indiferenza, estas son algunhas manifestacións que non deben angustiarnos, ás veces o neno tamén experimenta sentimentos ambivalentes, contraditorios, ao mesmo tempo sente a separación coa educadora e o desexo de ir cos seus pais.
    É posible que xurdan pequenas dificultades, non vos alarmedes, só está a se adaptar a un ritmo diferente.

Obxectivos para os papás:

    Que superedes a angustia da separación.
    Que confiedes no equipo.
    Que vos despidades dos vosos fillos sen enganos e con seguridade.
    Que coñezades e valoredes o período polo que pasan os vosos fillos.

Obxectivos para os nenos:

    Aceptar o novo espazo e ser capaz de moverse libremente nel.
    Explorar o novo material.
    Adaptarse ás rutinas.
    Comprender e lembrar as normas e pautas que a educadora vai establecendo.
    Establecer vínculos de afectividade coa educadora e os demais nenos.
    Admitir progresivamente a separación dos seus pais.


jueves, 4 de septiembre de 2014

NOVO CURSO 2014-15

Comeza un novo curso, con novos nenos e outros xa con experiencia,e para coñecernos unha gran festa de benvida.
Benvidos a todas e todos.