miércoles, 28 de diciembre de 2016

COUSAS DE NADAL...

   Actores,músicos e algún que outro ensaio para o festival de nadal:
Con marionetas,fadas,animais do bosque,un acordeonista, un gaiteiro,unhas cantareiras e un Apalpador (que deixou unha meda de castañas e un agasallo para todas as nenas e nenos) como protagonistas da obra de teatro.
A visita duns renos moi especiais(vidos da Academia de inglés The Channel) para animar, con bailes e panxoliñas,a chegada de Papa Noel.
Felices festa e bo nadal para todos.





















miércoles, 21 de diciembre de 2016

AS AVOAS E AVÓS SON.....


 A sorte de ter avoas e avós que coidan, aconsellan e acompañan na crianza das netas e netos.
 Os avós miran con "ollos de avó": contan historias pasadas, saben de xogos que non necesitan pilas nin enchufes, ao seu carón o tempo discorre mais tranquilo e mesmo se permiten o luxo de mal criar aos netos (así o afirman os seus proxenitores).
Hoxe visitounos o avó de Noa Castro, que realizou un obradoiro de artesanía no colexio. Un artista e un mestre da reciclaxe.Con rolos de papel, envases de plástico, restos de madeira,cola e garavanzos;executa obras de arte como estas.














lunes, 19 de diciembre de 2016

INGLÉS....

Unha achegamento a lingua inglesa a través do "Monster of colours".
 Descubrindo as cores: "Blue","yellow","red","black" o "green"; así como as partes da cara: "nose","eyes","ears" o "mouth".
Bye,bye.











jueves, 15 de diciembre de 2016

PLÁSTICO DE BURBULLAS..

Para protexer e evitar roturas utilizamos o plástico de burbullas ,tamén usámolo para explotar as burbullas coas mans e camiñar sobre elas.







viernes, 2 de diciembre de 2016

VERMELLO...

Vermello,rojo,vermell,gorria,rosso,vermelho,rouge,red,красный,.......Un dos colores primarios e con multitude de significados,as máis das veces identificando estados perigosos.