lunes, 31 de diciembre de 2018

domingo, 23 de diciembre de 2018

jueves, 20 de diciembre de 2018

GALLETAS DE XENXIBRE...

As galletas de xenxibre son todo un clásico das sobremesas de Nadal;cortadas en distintas formas ademais de ser deliciosas,serven para decorar.












martes, 4 de diciembre de 2018

AXUDAS PARA INVESTIMENTO.


A consellería de Política Social da Xunta de Galicia convocou Axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro para a adecuación e mellora das escolas infantís 0-3.


Financiará até o 100% do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 15.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 10.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula. Cada entidade poderá percibir unha axuda máxima de 25.000 euros.



 A ESCOLA INFANTIL ELFOS foi subvencionada por un total de 16.420,56 €. para equipamento de novas tecnoloxías, colocación de chan e imprimación  hidrófuga na fachada.




jueves, 29 de noviembre de 2018

PATACAS AZUIS...

Unha colleita inesperada e sorprendente:"Patacas da realeza".
Unhas patacas azuis, cheas de antioxidantes e vitaminas, plantadas no verán. As cales poden prepararse facendo un delicioso puré de cor morado ou ben podemos usalas para pintar.