viernes, 20 de marzo de 2026

AZUL...

 A cor azul é unha cor fría asociada á calma, tranquilidade e seguridade. O uso desta cor:

  • Favorece a relaxación e reduce a ansiedade.

  • Axuda a crear ambientes seguros e estables.

  • Estimula a percepción visual sen sobrecargar (non é agresiva).

  • Relaciónase con elementos naturais (ceo, auga), facilitando a conexión co entorno.
















viernes, 13 de marzo de 2026

8 M...


    Por iso, este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, mobilizámonos contra as graves consecuencias que o auxe das prácticas autoritarias e dos discursos de odio está a ter sobre os dereitos das mulleres. Esta situación afecta de maneira especialmente dura ás mulleres que sofren múltiples e interrelacionadas formas de discriminación, como a idade, a raza, a etnia, a discapacidade, a orientación sexual ou a identidade de xénero.
    Mobilizámonos para esixir a igualdade de dereitos e tamén unha xustiza que garanta que estes dereitos se cumpran, se exerzan e se poidan gozar plenamente.










martes, 10 de marzo de 2026

PATIO...

 Gozando e xogando no patio,despois de tanta chuvia.











miércoles, 4 de marzo de 2026

ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO...

 Parabéns para  Carolina e Ángel no seu aniversario.