viernes, 12 de diciembre de 2025

O NÚMERO 1...

     O traballo dos primeiros conceptos matemáticos na etapa infantil é fundamental para o desenvolvemento cognitivo. O número 1 introdúcese como unha primeira aproximación á cantidade, á correspondencia un a un e á identificación de elementos únicos. 

    A través do xogo, a manipulación e as rutinas diarias, os cativos comezan a construír as bases do pensamento lóxico-matemático, sempre desde experiencias significativas.

  • Recoñecer o número 1 visualmente en diferentes soportes.

  • Asociar o número 1 coa cantidade correspondente, identificando “un só” elemento.

  • Desenvolver habilidades manipulativas mediante xogos de selección e clasificación.

  • Ampliar a linguaxe oral usando palabras como “un”, “só un”, “unha cousa”.

  • Favorecer a atención e a observación.














miércoles, 10 de diciembre de 2025

ARTE-JOAN MIRÓ...

 O traballo artístico  é fundamental para o desenvolvemento sensorial, emocional e motor dos nenos e nenas. A través da exploración de cores, texturas e materiais, os pequenos experimentan, expresan emocións e comezan a coñecer o mundo que os rodea.

A arte non busca resultados estéticos, senón o proceso de descubrimento, pracer e comunicación.

“La caricia de un pájaro” é unha obra do artista catalán Joan Miró. Nela aparecen formas sinxelas, liñas curvas e cores vivas que lembran movementos suaves e figuras da natureza, especialmente un paxaro.

A obra transmite suavidade, movemento e tenrura, o que a fai moi adecuada para traballar a sensibilidade visual e emocional.


















viernes, 5 de diciembre de 2025

CIRCULO....

    A introdución das formas xeométricas realízase dun xeito manipulativo, sensorial e vivencial, xa que as nenas e nenos aínda non dispoñen dun pensamento abstracto desenvolvido. O círculo é unha das primeiras formas que poden recoñecer intuitivamente debido á súa presenza frecuente no contorno (pelotas, pratos, rodas, pegadas, buracos, soletes, etc.) e á súa estrutura regular e continua, fácil de percibir e explorar visual e táctilmente.

    Traballar o circulo favorece o desenvolvemento perceptivo, a discriminación visual e a capacidade de clasificación, así como a linguaxe, ao incorporar vocabulario básico relacionado coas formas. A través do xogo, da exploración de obxectos circulares e de actividades motoras (rodar, trazar, sinalar), os cativos constrúen as primeiras nocións xeométricas.