lunes, 27 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO...

 Unha data que até agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo. Esta efeméride adiántase un día, ao 23 de febreiro, tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento.

"O caldo de Rosalía, a épica dos humildes:"

"Queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz."

 A receita de  O caldo galego de Picadillo (La cocina práctica, 1905).
O verdadeiro caldo galego non é o que nos describen moitos autores culinarios, nin o que con tal nome nos dan en Madrid e outros puntos, facendo intervir nel profusión de carnes e infinidade de embutidos.
O caldo galego típico, en enxebre, o de verdade, redúcese sinxelamente a unha mestura de patacas, feixóns, verduras e unto de porco, rancio, e máis nada.
(...)
Nun pote grande póñense feixóns e auga case ata enchelo. Ponse o pote ó lume e cando ferve bótaselle o unto en proporción, non ó que o caldo require, senón ó que o peto do comensal permite. Á hora e media de estar cocendo bótanselle as patacas finamente cortadas e cando están cocidas bótanselles as verduras lavadas, cortadas e escollidas, facendo ferver de novo a mestura destapada.
As verduras poden ser nabos, nabizas, grelos, col ou unha verza moi típica que entre nós é coñecida co nome de verdura galega.
Innecesario é dicir que isto ten que levar o sal correspondente.
Hai quen espesa este caldo desfacendo, cando están ben cocidas,algunhas patacas, algunhas fabas e mailo unto.




























 

viernes, 24 de febrero de 2023