lunes, 1 de junio de 2020

COMUNICACIÓN MANTEMENTO SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADE.

Agora que parece que os peores días da pandemia quedaron atrás, a Xunta de Galicia afronta o reto de acometer a desescalada coa máxima prudencia e coas maiores garantías posibles, especialmente naqueles espazos onde se reúnen as persoas máis vulnerables, como é o caso dos máis pequenos.

Por iso, tras escoitar tanto aos representantes do sector como á comunidade médica, a Xunta de Galicia vén de tomar a decisión de que as escolas infantís non retomen a súa actividade ata o curso que vén. Polo momento, existen dúbidas na comunidade médica de que haxa a seguridade suficiente para que as nenas e nenos menores de 3 anos compartan espazos durante un tempo tan prolongado, especialmente nas escolas infantís, onde é imposible manter a distancia social.


Quedamos á súa disposición para calquera cuestión ou dúbida que precisen comentar.

Un cordial saúdo