Rematada case a adaptación,comeza unha nova andaina.
lunes, 29 de septiembre de 2014
lunes, 8 de septiembre de 2014
ADAPTACIÓN
O período de adaptación á escola infantil
O ingreso na escola infantil supón un cambio
moi importante para o neno,xa que se separa da súa
familia para pasar a un espazo totalmente diferente e con outros nenos e adultos.
Consellos para pais:
A vosa actitude é moi importante. É necesario
non actuar con inseguridade, dúbida ou culpabilidade.
Durante o período de adaptación, na medida das vosas posibilidades é conveniente
que tentedes tanto levalo como buscalo vós mesmos, iso daralle seguridade e afarase
antes ao cambio.
Debemos
evitar a chantaxe afectiva tal como “non chores que mamá se vai triste”, ou a
mentira “non chores que mamá vén agora”.
Cando sexa a hora de marchar é mellor non alargar a situación: dicir
adeus con seguridade e alegría. É importante que non pense que a marcha dos
pais é opcional ou que sé protesta con forza impedirá a partida.
Non
prolongar as despedidas en exceso. Hai que transmitir ao neno que o que estades
a facer é o mellor para el.
Deixaremos que o neno leve, se así o desexa, o seu xoguete favorito,
algo que lle sexa familiar e mantéñalle unido co seu fogar.
Non
é un bo momento para introducir máis cambios na vida do neno (quitar cueiros,
cambio de habitación...) Será conveniente esperar a que supere o proceso de
adaptación.
Evitar ao recollerlle frases como “pobriño, que te deixamos só”.
Poida que o neno, no reencontro cos pais chore ou mostre indiferenza,
estas son algunhas manifestacións que non deben angustiarnos, ás veces o neno
tamén experimenta sentimentos ambivalentes, contraditorios, ao mesmo tempo
sente a separación coa educadora e o desexo de ir cos seus pais.
É
posible que xurdan pequenas dificultades, non vos alarmedes, só está a se
adaptar a un ritmo diferente.
Obxectivos para os papás:
Que
superedes a angustia da separación.
Que
confiedes no equipo.
Que
vos despidades dos vosos fillos sen enganos e con seguridade.
Que
coñezades e valoredes o período polo que pasan os vosos fillos.
Obxectivos para os nenos:
Aceptar o novo espazo e ser capaz de moverse libremente nel.
Explorar o novo material.
Adaptarse ás rutinas.
Comprender e lembrar as normas e pautas que a educadora vai establecendo.
Establecer vínculos de afectividade coa educadora e os demais nenos.
Admitir progresivamente a separación dos seus pais.
jueves, 4 de septiembre de 2014
NOVO CURSO 2014-15
Comeza un novo curso, con novos nenos e outros xa con experiencia,e para coñecernos unha gran festa de benvida.
Benvidos a todas e todos.
Benvidos a todas e todos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)