Consiste en crear unhas bólas de arxila mesturadas con sementes (deben ser autóctonas)e substrato vexetal; engadindo algún repelente natural (pementa, chile, etc.). A mestura de sementes está composta por: variedades de froiteiras e forestais, hortalizas, cereais e leguminosas .As sementes mestúranse coa arxila e auga. Despois amásase e fanse as bolas de arxila unha a unha.
Déixanse secar ao sol ou ben gárdanse nunha zona seca durante unhas semanas ata que se vaian utilizar.
As bólas non necesitan ser plantadas, senón que estas son lanzadas na zona ou o lugar onde queremos plantar, e esperar que se desfagan ao chover. A partir dese momento as sementes comezarán a brotar,tendo unha alta taxa de xerminación comparada con outras técnicas;outra vantaxe deste método é que coa arxila evitamos que os paxaros e roedores cómanse as sementes.
Temos que sementar unha gran variedade de sementes para poder ofrecerlle á natureza a posibilidade de crear o seu propio equilibrio. Segundo Fukuoka unha paisaxe de rochas,piñeiros e eucaliptos é unha paisaxe desequilibrada e a un paso da desertización total,non existe variedade.
Nendo Dango é un proxecto presentado para Voz Natura neste curso, para a XIX edición baixo o titulo "CUIDA LA VIDA PROTEGE NUESTROS ECOSISTEMAS".
Agradecer, á súa vez, a participación das profesoras e alumnas/os de infantil do CEIP Pérez Viondi de A Estrada.
Pompas xigantes antes de comezar |
Chocolate e churros |