miércoles, 30 de octubre de 2024

SAMAÍM...

 A celebración de "Samhain" é unha festividade tradicional que marca o fin da temporada de colleita e o inicio da época "escura" do ano. A través desta celebración, búscase achegar aos nenos aos valores culturais e naturais asociados con esta festividade.

Fomentar a exploración autónoma, a imaxinación, desenvolver un sentido de identidade cultural e pertenza. 

 Queremos dar as grazas pola postal tan bonita que nos enviaron  as/os alumnas/os de Primeiro do CEIP do FOXO. Fíxonos moita ilusión e encantounos recibila do voso colexio.

 Moitas grazas.Con agarimo.


























lunes, 28 de octubre de 2024

TRANSVASES....

    As actividades de transvase (pasar materiais dun recipiente a outro) permiten que os cativos experimenten cos seus sentidos e melloren a coordinación e o control dos seus movementos. A psicomotricidade, pola súa banda, fomenta o desenvolvemento motor, emocional e cognitivo, axudándoos a descubrir o seu propio corpo e a entender a súa relación co entorno.

    Integrar actividades de transvases nun programa de psicomotricidade permite aproveitar esta curiosidade innata, apoiando o desenvolvemento da motricidade fina e grosa, promovendo a autonomía e facilitando o control muscular necesario para outras actividades da súa vida diaria.

 


















viernes, 25 de octubre de 2024

BOLOS DE CORES...

 Derrubando os bolos de cores para  adquirir  habilidades motrices, cognitivas e sociais.

Desenvolvemento Motor:Fomentar o desenvolvemento da motricidade grosa ao  intentar lanzar unha pelota para derrubar os bolos.

Mellorar a coordinación ollo-man, animando movementos de precisión ao apuntar cara aos bolos.

Desenvolvemento Cognitivo:Favorecer a percepción visual e o recoñecemento de cores, identificando e clasificando os bolos por cor.

Introducir conceptos de número e cantidade contando os bolos derrubados.

Desenvolvemento Socio-emocional:Fomentar a interacción e o traballo en equipo, compartindo o xogo.

Promover a autoestima e a confianza ao ver os logros acadados ao derrubar os bolos.