viernes, 31 de enero de 2025

DÍA DA PAZ...

 O Día Escolar da Non Violencia e a Paz celébrase o 30 de xaneiro en conmemoración do aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Este día dedícase a promover nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz, fomentando valores como a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos.

Inculcar valores como a amizade, o respecto, a empatía e a convivencia pacífica a través do xogo, a música e a expresión emocional.


 




















jueves, 30 de enero de 2025

ANIMAIS DE GRANXA...

 O aprendizaxe dos animais de granxa en idades temperás favorece o desenvolvemento sensorial, emocional e cognitivo dos nenos. A través da observación, a interacción e o xogo, aprenden sobre o respecto polos seres vivos, o coidado dos animais e o medio natural. Ademais, estas experiencias estimulan a curiosidade, a linguaxe e a motricidade, promovendo unha aprendizaxe significativa a través da exploración e a experimentación.

Estimular o desenvolvemento sensorial mediante a observación, o tacto e a escoita dos sons dos animais.

Fomentar a curiosidade e o interese polo mundo natural e os seres vivos.

Desenvolver a linguaxe e a comunicación, nomeando e describindo os animais, os seus sons e os seus hábitats.

Incentivar o respecto e o coidado dos animais e do medio ambiente.

Favorecer o desenvolvemento emocional a través da interacción cos animais, promovendo a empatía.

Fortalecer a motricidade grosa e fina ao imitar os movementos dos animais ou ao manipular elementos relacionados con eles.

                                      



















viernes, 24 de enero de 2025

MINI MUNDO INVERNAL....

 O minimundo de inverno e a mesa de luz son actividades sensoriais que fomentan o desenvolvemento integral. A través destas experiencias, os nenos exploran conceptos relacionados coa estación invernal, desenvolven a súa imaxinación, exercitan habilidades motoras e potencian o pensamento simbólico. Ademais, as actividades sensoriais son fundamentais para a aprendizaxe temperá, xa que estimulan o sistema nervioso e fomentan a curiosidade e o descubrimento.

 Promover o desenvolvemento cognitivo, sensorial e motor.Fomentar a exploración e o descubrimento a través de materiais sensoriais.Desenvolver habilidades de coordinación óculo-manual e motricidade fina.Estimular a creatividade e a imaxinación mediante o xogo simbólico.Introducir conceptos básicos sobre o inverno, como frío, xeo, neve e animais típicos.