martes, 11 de diciembre de 2012

EQUILIBRISTAS..

O desenvolvemento das habilidades motoras que posibilitan o desprazamento das crianzas dun lugar a outro antes da adquisición da marcha, vese promovido pola realización dunha serie de actividades, como poden ser: a rotación, a reptación, o desprazamento sobre as catro extremidades e a bipedia.
A rotación é unha das primeiras formas de desprazamento, que consiste a rodar sobre o propio eixe. as crianzas fan este movemento por conseguir obxectos que se atopan no seu campo visual e tamén para a súa satisfacción propia.
Para avanzar sobre superficies planas, as meniñas e os meniños adoitan a moverse arrastrándose, sen levantar o tronco do chan, empregando os brazos e as pernas. Este é un movemento que lles permite ir cara adiante ou atrás, e así, afastarse do seu punto de partida.
O desprazamento sobre as catro extremidades adopta varias formas en función dos puntos de apoio empregados por cada neno ou nena. A maioría das crianzas separan o tronco do chan e desprázanse sobre as catro extremidades por diferentes espazos (gateo). Outras crianzas desprázanse sentadas, axudadas polas pernas e a pelve ou adoptan outras formas persoais.
Estas actividades que fortalecen a súa musculatura e lles axudan a realizar os axustes neuromotores necesarios para ir controlando o seu corpo, resultan fundamentais mesmo despois de ter adquirida a marcha, sobre todo cando se presentan de forma lúdica.(
L. Ferradás Blanco e C. Santos Mato)













No hay comentarios:

Publicar un comentario