O
8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora
Este
día específico dedicado ás mulleres traballadoras débese a un
tráxico suceso que ocorreu nos Estados Unidos, no ano 1857. O día 8
de marzo dese ano, as mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil
de Nova York, resolveron parar de traballar como protesta ás súas
precarias condicións de traballo. Esa era a primeira vez que as
mulleres se unían para reivindicar melloras laborais e, por tanto,
os seus dereitos.
Elas
pedían a redución do horario de traballo diario, que era de 16
horas, a 10 horas diarias. Ademais, por traballar esas horas, elas
percibían apenas un terzo do soldo que recibían os homes. Pero a
rebelión foi contida de forma violenta, culminando coa morte de 129
traballadoras, carbonizadas dentro da fábrica. Anos despois, en
1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada
en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para
homenaxear ás operarias mortas na fábrica téxtil. E así foi como
en 1975, a Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU)
decidiu decretar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller
Traballadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario