Existe un momento onde os nenos establecen unha relación entre os seus movementos e ,a marca que deixan sobre a superficie na que se traza.Este feito, tan simple e sinxelo, prodúcelle unha alegría inmensa e un gran pracer.Esta alegría normalmente quérenola comunicar, quérea compartir con quen lle rodea.
Cando un neno lévache un papel cun garabato, quere que o queiras.E cando lle preguntamos que pintou, non pode contestarnos que fixo un trazo que non está dirixido a ninguén, que non representa nada e que non tenta reproducir a realidade, non pode responder que só é o principio dun xogo, o xogo de pintar.
Inventarase unha resposta que o adulto espera oir: un sol, unha arbore, un coche,etc..
Asi que deíxalo xogar....e si é no chan, mellor que mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario