E como non, as receitas para todos vós:
TURRÓN DE CHOCOLATE:
-3 tabletas de chocolate tipo "Nestlé"
-1 tarrina de margarina tipo "Tulipán" (250grm).
-1 bote de leite condensada (500 grm.).
-2 paquetes de galletas tipo "Maria" trituradas.
Derrétese o chocolate ao baño Maria,sen deixar de remexer engadimos a manteiga, o leite condensado e por último as galletas.Vértese nun molde e cando arrefríe métese na neveira.Pódese cubrir por enriba con chocolate negro para sobremesas e adornar ao gusto.
PIRULETAS DE CHOCOLATE:
- Nubes.
- Espetos.
-1 tableta de chocolate de sobremesas tipo "Nestlé".
-1 culler de aceite.
-"Lacasitos",perlas, galletas,etc ,para decorar.
Derrétese o chocolate ao baño Maria engadíndolle unha culler de aceite.Picamos as nubes nun espeto e remollamos en chocolate.Antes de que endureza adornamos(con perlas,lacasitos,galletas,etc..).
Enerxía en estado puro |
renos de Papa Noel de chocolate |
No hay comentarios:
Publicar un comentario