martes, 20 de mayo de 2014

"O MAIO"



A Escola  infantil ELFOS recupera a tradición do MAIO

O  centro educativo únese tamén aos actos pola Festa do Salmón e o Día dás Letras Galegas

15-Maio 2014. Os alumnos do Centro de Educación Infantil Elfos, na Estrada, uniranse mañá venres 16 de maio ás celebracións previstas na localidade con motivo da Festa do Salmón e  das Letras Galegas, entre outras.
E é que non só van honrar ao rei do Ulla ou á lingua de Rosalía, tamén van recuperar a antiga tradición dos MAIOS, pola que se levantan construcións vexetais, con flores, follas ou ramas. Os nenos de Elfos e as súas profesoras, e algunhas nais traballan desde hoxe en levantar no patio un maio con flores que recolleron nos campos próximos. Será mañá venres cando conclúan o traballo e celebren a festa do Maio, á que se unirá a celebración do Día dás Letras Galegas, cantando cancións tradicionais e lendo poemas en galego.Todo iso mentres as educadoras se visten de cociñeiras e preparan unhas tostas de salmón, uníndose así ás celebracións ao redor deste manxar gastronómico que este fin de semana celebra o seu día de festa.
Aos nenos uniranse os alumnos do IES García Barros, quen concluirán o mural co que están a pintar nunha parede do patio.
A festa comezará no patio do centro a partir das 11 da mañá.*

*Esta é a nota de prensa escrita e realizada por Reyes Cabero (mama de Sara).

Mais fotos en:


No hay comentarios:

Publicar un comentario