Unha granxa autentica, con vida; non esas granxas -escola onde o parecido coa realidade é pura coincidencia.
Puidemos ver as vacas, os tenreiros mamando, cabras,porcos,galiñas, un ponny,un gato e a Rita e Piqué dous cans estupendos que coidan dos animais.Ademais recollemos fresas ,vimos o invernadoiro e a horta, ensináronnos como se debulla o millo e móese.
Experimentamos o contacto coa natureza real non de postal, camiñamos libremente(non por carreiros marcados que indican o camiño a seguir),deleitáronnos cunha estupenda merenda e para rematar regaláronnos uns ovos (ovos da casa, os de toda a vida, os que ao abrilos a xema é amarela e o seu sabor é..dos que teñen sabor). Así é a granxa da mamá de Breogán e grazas por ensinala.Grazas tamén aos avós de Breogán por aturarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario