viernes, 22 de mayo de 2015

VERMES DE SEDA.

Conta a lenda china que o emperador Huang Ti pediulle á súa esposa, a emperatriz Xi Lingshi, que investigase que estaba a ocorrer coas súas plantas de moreira cuxas follas desaparecían misteriosamente ata que a planta morría.
A emperatriz, a forza de observar as plantas, descubriu uns pequenos casullos amarelados e brillantes. Colleu un mentres tomaba o seu té e, por descoido, o casullo escapóuselle dos dedos e caeu na cunca de té quente. Ao sacalo, o casullo comezou a desfacerse transformándose nunha febra de fío moi longo.
Os nosos vermes de seda non rematarán coma os da emperatriz; pero si que convertéronse na nosa mascota por uns días, axudándonos a comprender o proceso da metamorfose, á espera de converterse en bolboretas.















No hay comentarios:

Publicar un comentario