Os dominadores non se opuxeron a seméntala, coa idea de que unha vez a planta estivese en flor, recollésena eles deixando outra vez aos famentos recolledores ao bordo da fame negra xeral. Cando as plantas empezaron a amarelar os opresores segaron os campos e levaron o que parecía unha excelente colleita de verduras.
Desconsolados e moribundos de fame, os pobres e pacientes campesiños pediron de novo ao ceo que lles axudase e unha voz desde as alturas díxolles: Removede as terras e sacade os froitos, que alí os escondín para burlar aos homes malos e enaltecer aos bos. Así fixeron e baixo o chan aparentemente arrasado polo inimigo apareceron aquelas fermosas patacas que foron recollidas e gardadas en estrito segredo. Engadindo unha porción de patacas á súa empobrecida dieta, moi pronto se restableceron, colleron forzas e lograron botar aos invasores que fuxiron sen regresar xamais a perturbar a paz das montañas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario