Receita de lamberetadas de froitas naturais:
-500gr. de froita fresca (mandarinas,uvas,etc)
-1 cullerada de xelatina Agar-Agar.
-3 culleradas de azucre panela ou xarope de arroz.
Cociñase a froita e pásase polo pasa puré ou ben espremese co azucre. Unha vez que ferva, engádese a xelatina e cociñase uns 5 minutos mais. Vertese todo nos moldes e deixase arrefriar.
Receita de turrón de chocolate:
-3 tabletas de chocolate con leite.
-1 tarro de manteiga (estilo Tulipán).
-1 bote de leite condensada.
-3 paquetes de galletas (estilo María).
-Papel de aluminio.
Derreter o chocolate ao baño María e engadir a manteiga e o leite.Cando estea todo mesturado, engadir as galletas trituradas e remexer.Verter nun molde cuberto con papel de aluminio,xa que é mais fácil para despois sacar, poñer na neveira durante 24 horas e decorar ao gusto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario