Un ano mais achegámonos, a parroquia de Moreira,para reforestar "O bosque de Viondiño". Nome que lle puxeron os alumnos de infantil do CEIP Pérez Viondi, os cales acompañados das súas profesoras colaboraron na elaboración das bolas de Nendo Dango, o lanzado das mesmas e na plantación do bosque.
Volvemos a contar ca colaboración do Concello de A Estrada que limpou unha parte da parcela e co persoal do Distrito XVI Deza-Tabeiros da Consellería de Medio Rural que impartiron unha charla sobre o coidado do bosque,axudáronnos a plantar as árbores (piñeiros,castiñeiros,tilos e un pexegueiro) e colocaron unha casa para paxaros.(Grazas a Gerardo,Felix e todos os compañeiros da brigada por axudar)
|
pintando o cartel |
|
|
facendo as bolas de arxila |
|
casa de paxaros |
No hay comentarios:
Publicar un comentario