A consellería de Política Social da Xunta de Galicia convocou Axudas
para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas
infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras
polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás entidades privadas de
iniciativa social sen ánimo de lucro para a adecuación e mellora das escolas
infantís 0-3.
Financiará até o 100% do investimento subvencionable e unha contía máxima por
cada centro de 15.000 euros para as actuacións destinadas á realización de
obras e de 10.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á
integración das novas tecnoloxías na aula. Cada entidade poderá percibir unha
axuda máxima de 25.000 euros.
A ESCOLA INFANTIL
ELFOS foi subvencionada por un total de 16.420,56 €. para equipamento de novas tecnoloxías,
colocación de chan e imprimación hidrófuga na
fachada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario