A Xunta de Galicia concedeu a 27
escolas infantís dependentes de entidades privadas de iniciativa social
(EPIS) achegas económicas por un valor de preto de 400.000 euros para a
mellora das instalacións, a adquisición de novo equipamento e a
incorporación de novas tecnoloxías. Política Social concede estas
axudas, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
(Feader).
O Goberno galego chegou a
todas as EPIS que solicitaron estas axudas e reunían os requisitos
establecidos na convocatoria: 20 na provincia de Pontevedra, seis da
Coruña e unha en Lugo. Cunha contía máxima que pode recibir cada
centro de 25.000 euros: 15.000 euros para as obras de mellora e de
10.000 para a compra de equipamento máis a integración das novas
tecnoloxías nas aulas.
A Escola Infantil Elfos recibiu 15.604,39€. repartidos nas seguintes partidas: 10.118,17 € para obras menores, 2.965,98€. para equipamento e 2.520,24€. para novas tecnoloxías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario