Actividades para
introducir a Pascua aula 0-2
Para esta actividade
empregaremos un rolo de papel, pintura de dedos branca e material que teñamos
pola casa para decorar.
Faremos a nosa galiña
de Pascua e mentres eles pintan o rolo de papel iremos falando sobre que as galiñas
poñen ovos e que para a semana celébrase a Pascua.
Unha vez teñamos lista
a galiña escondemos pola casa os ovos e imos axudar a galiña a atopar os seus
ovos perdidos.
Para animar os cativos
podemos poñer a canción de "A galiña turuleca“
Os nenos/as mais
pequenos e que non se desprazan por si mesmos poderán pintar o rolo coa axuda
do adulto e cando estea rematada a empregaremos para traballar con eles a
permanencia do obxecto. Escondemos a galiña debaixo dunha tea ou nunha caixa e
deixamos que eles a atopen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario