A Xunta de Galicia destinou 400.000€ para a mellora de 19 escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS), que conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
O obxecto destas achegas é reforzar a calidade da atención educativa que prestan estes centros. A contía máxima que pode chegar a recibir cada centro ascende a 25.000 euros: 15.000 para obras que melloren a accesibilidade da escola ou a doten dos servizos necesarios e 10.000 euros para a renovación do mobiliario e o material didáctico e de xogo.
A Escola recibeu unha axuda de10.886,91€ para un gasto total subvencionable de 11.220,05€. Desagregado da seguinte forma:-Infraestruturas:
Polo importe total de 4.122,05€,sendo subvencionable 3.788,91€ e a entidade achega 333,14€.
-Equipamento:
Por un importe de 2.178€.
-Tecnoloxías:
Por un importe de 4.920€.
No hay comentarios:
Publicar un comentario