PROXECTO CORAZÓN é unha proposta en colaboración entre a ASOCIACIÓN GALLEGA DE CARDIOPATÍAS CONGÉNITAS Y CARDIOPATÍAS FAMILIARES e as escolas infantís O CEO AZUL de Bueu e O PARQUE de Portosón.
A idea xorde da celebración do Día Mundial das Cardiopatías Conxénitas o 14 de febreiro, unha data que soemos adicar a celebrar o amor e que se pode estender máis ao coñecemento do noso propio corazón e a unha primeira aproximación ás RCP. Queríamos que o alumnado tivese un coñecemento básico das enfermidades de corazón e introducilos na súa concienciación.
A reanimación cardiopulmonar (RCP) é unha técnica que se usa para salvar vidas en situacións de emerxencia cando unha persoa deixa de respirar ou o seu corazón deixa de latexar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario