Unha charla sobre alimentación saudable na infancia. Impartida pola pediatra Eva García ,do centro de saúde de A Estrada.
Alimentarse ademais dunha necesidade, é un pracer que precisa adaptarse
aos nosos gustos e características, como o nivel e tipo de actividade
que desenvolvemos, a nosa idade, peso e talla, os nosos horarios
impostos polo ritmo de vida que levamos, etc.
1- Come variado e adapta os alimentos aos teus gustos e á actividade que
realices.
2-Ten sempre en conta o tamaño das racións, xa que é outra das claves
da alimentación.
3-Reduce o consumo de alimentos ricos en graxas saturadas, sal e
azucres engadidos.
4- Realiza unha repartición adecuada dos alimentos ao longo do día,
evitando, por exemplo, xaxúns prolongados ou ceas moi abundantes.
5- A mellor bebida para quitar a sede, é a auga.
As decisións que tomamos á hora de alimentarnos baséanse nos nosos coñecementos, as nosas emocións e as nosas habilidades e todo iso, está moi influído pola contorna na que vivimos.
Existen unha enorme variedade de patróns de alimentación ao longo do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario