Porque algunhas mulleres estamos indignadas polo sometemento,pola negación,pola humillación,o maltrato,...e por tantas crónicas de mortes anunciadas.
miércoles, 29 de noviembre de 2023
viernes, 24 de noviembre de 2023
FROITOS SECOS....
Noces,castañas,abelás...para experimentar diferentes texturas, formas e tamaños, o que estimula o sentido do tacto, a curiosidade sensorial e fomenta a creatividade. Manipular os froitos secos implica movementos finos dos dedos e mans, o que contribúe ao desenvolvemento da motricidade fina e a coordinación man-ollo.Observar, tocar e manipular desenvolve habilidades cognitivas como a atención, a concentración e a exploración activa do seu entorno.
miércoles, 22 de noviembre de 2023
20N -DÍA MUNDIAL DA INFANCIA....
O Día Mundial da Infancia (20 de novembro) é un día que dedicamos a reflexionar sobre os dereitos de nenos, nenas e adolescentes, celebralos e imaxinar novas formas de facelos realidade no mundo.
Artigo 6:
"Todo neno ten dereito intrínseco á vida e é obrigación do Estado garantir a supervivencia e o desenvolvemento do neno."
Os dereitos dos nenos requiren unha protección especial e para iso, é necesario seguir mellorando a situación dos nenos sen distinción e procurar que estes se desenvolvan e sexan educados en condicións de paz e seguridade.
Preocupados polos efectos perniciosos e xerais que teñen para os nenos os conflitos armados, e polas súas consecuencias a longo prazo para a paz, a seguridade e o desenvolvemento.
Condenando o feito de que nas situacións de conflito armado os nenos se convertan nun branco, así como os ataques directos e contra bens protexidos polo dereito internacional, incluídos os lugares onde adoita haber unha considerable presenza infantil, como escolas e hospitais.(PROTOCOLO FACULTATIVO DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO RELATIVO A PARTICIPACIÓN DOS NENOS NOS CONFLICTOS ARMADOS
Asamblea General. Resolución A/RES/54/263 del 25 de mayo de 2000.Entrada en vigor: 12 de febrero de 2002.)