O Día Mundial da Infancia (20 de novembro) é un día que dedicamos a reflexionar sobre os dereitos de nenos, nenas e adolescentes, celebralos e imaxinar novas formas de facelos realidade no mundo.
Artigo 6:
"Todo neno ten dereito intrínseco á vida e é obrigación do Estado garantir a supervivencia e o desenvolvemento do neno."
Os dereitos dos nenos requiren unha protección especial e para iso, é necesario seguir mellorando a situación dos nenos sen distinción e procurar que estes se desenvolvan e sexan educados en condicións de paz e seguridade.
Preocupados polos efectos perniciosos e xerais que teñen para os nenos os conflitos armados, e polas súas consecuencias a longo prazo para a paz, a seguridade e o desenvolvemento.
Condenando o feito de que nas situacións de conflito armado os nenos se convertan nun branco, así como os ataques directos e contra bens protexidos polo dereito internacional, incluídos os lugares onde adoita haber unha considerable presenza infantil, como escolas e hospitais.(PROTOCOLO FACULTATIVO DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO RELATIVO A PARTICIPACIÓN DOS NENOS NOS CONFLICTOS ARMADOS
Asamblea General. Resolución A/RES/54/263 del 25 de mayo de 2000.Entrada en vigor: 12 de febrero de 2002.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario