miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ...

 Na procura de promover valores fundamentais desde a máis tenra infancia, celebramos o Día da Paz cunha actividade especial que transcende as barreiras xeracionais;imos de visita ao centro de Agadea Alzheimer en A Estrada. 

A creatividade,a colaboración e a sabedoría daqueles maiores que dependen de nós. A través de cores vibrantes, sorrisos inocentes e momentos compartidos, exploramos unha experiencia que non só celebra a paz, senón que a constrúe desde os seus cimentos máis simples. Un viaxe onde a expresión artística e a conexión interpersoal entrelázanse, formando recordos que perdurarán no corazón dos máis novos e de quen percorreron máis camiños. 

Porque : "Non hai camiño para a paz;a paz é o camiño"

























No hay comentarios:

Publicar un comentario