O Día Escolar da Non Violencia e a Paz celébrase o 30 de xaneiro desde 1964. Esta data conmemora a morte de Mahatma Gandhi,asasinado en 1948.
Malos tempos para a paz no mundo. A deriva militarista no mundo vaticina un mundo máis belicista e inseguro, pois acrecentará as posibilidades de novos conflitos. E coma sempre, os que perden é a poboación que necesita mellorar a súa calidade de vida, a saúde, a educación, a vivenda, as pensións, o traballo e a cultura entre outras.
Así que o fin deste día é educar no respecto, a tolerancia, a solidariedade,a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, á non violencia e a Paz.E estás son as nosas armas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario