viernes, 28 de junio de 2024

FESTA DE FIN DE CURSO....

 

A festa de fin de curso, celebrada na praia fluvial, foi unha tarde chea de diversión e emoción.

 Os  xogos de auga,a merenda, a representación teatral realizada polos pais da obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", chea de humor e agarimo, foi aplaudida e deixou a todos cun sorriso na cara,o taller de pinta caras e para rematar un gaiteiro ofreceu unha actuación  que encheu o ambiente de música tradicional, facendo que todos se uniran nun animado baile.

A festa de fin de curso na praia fluvial foi unha celebración perfecta para rematar o curso, combinando xogos, boa comida, teatro e música para crear recordos imborrábeis.

Parabéns para todas e todos e feliz verán.

 





























 

No hay comentarios:

Publicar un comentario