A introdución da arte as nenas/os ten múltiples beneficios que van máis aló do gozo visual. Estas obras de Miró e Picasso son ideais por:
Estimulación sensorial:
- Oro Azul de Miró, cos seus cores intensos e formas abstractas, estimula a percepción visual dos nenos, fomentando a súa curiosidade e o recoñecemento de formas e contrastes.
- Cabeza de Muller con Sombrero de Picasso, co uso de liñas, formas xeométricas e cores rechamantes, esperta o interese e contribúe ao desenvolvemento do procesamento visual.
Promoción da expresión emocional:
- Estas obras permite conectar intuitivamente coa arte e expresar as súas emocións.
Fomento da creatividade:
- A abstracción de Miró e o cubismo de Picasso invita a imaxinar libremente, sen necesidade de seguir patróns ou normas concretas.
Desenvolvemento cognitivo:
- Estas obras fomentan a atención, a observación e a diferenciación de cores e formas.
Obxectivos:
Desenvolver habilidades de percepción visual:
- Identificar cores primarios e secundarios presentes en ambas obras.
- Recoñecer formas básicas (círculos, liñas, triángulos, etc.) dentro das composicións.
Estimular a capacidade de atención e observación:
- Invitar a observar detidamente as obras e identificar elementos específicos.
Promover a sensibilidade artística e emocional:
- Despertar nos cativos unha conexión emocional cos cores e as formas das obras.
Fomentar a expresión creativa:
- Debuxar e pintar inspirándose nas obras, experimentando con cores e formas de xeito libre.
Introducir conceptos básicos da arte:
- Presentar a idea de "arte abstracta" (Miró) e "cubismo" (Picasso).
- Presentar a idea de "arte abstracta" (Miró) e "cubismo" (Picasso).
No hay comentarios:
Publicar un comentario