miércoles, 30 de abril de 2025

CARACOL...

  O caracol é un animal rechamante, de movemento lento, fácil de observar e cunha estética que esperta curiosidade,convértese así nun recurso didáctico ideal para fomentar a exploración, a expresión e a observación, contribuíndo ao desenvolvemento  dos pequenos e pequenas.A través de actividades sensoriais, artísticas e de observación, trabállase o coñecemento do contorno natural, o respecto polos seres vivos e a estimulación dos sentidos, da linguaxe e da motricidade.

 















viernes, 25 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO...

"Ler da ás": destaca como a lectura é unha ferramenta clave no desenvolvemento dos nenos/as. Non só fomenta a adquisición de coñecementos, senón que tamén abre portas á imaxinación, a creatividade e a exploración de novos mundos. A lectura permite aos pequenos comprender mellor o mundo que os rodea, establecer relacións cos demais, e conectar coas súas emocións, ao mesmo tempo que estimula os seus sentidos e a súa linguaxe.

Ademais, ler con outras persoas, especialmente cos pais ou coidadores, fortalece os vínculos afectivos e crea un ambiente de confianza e afecto. A través dos libros, os nenos/as adquiren a capacidade de soñar, pensar e crear, o que lles dá "ás" para voar e explorar infinitas posibilidades. A lectura non é só un exercicio cognitivo, senón tamén unha experiencia emocional e sensorial que abre a mente dos pequenos a novos horizontes.

Ler dálles ás a/os nenos/as as ferramentas para voar libremente no mundo da imaxinación e da creatividade.

























miércoles, 23 de abril de 2025

FESTA DE PASCUA...

 Esta festividade, permite crear un ambiente cheo de cor, sorpresa e descubrimento, favorecendo o desenvolvemento integral nun contexto festivo.
Aproveitamos símbolos como os ovos decorados, os coelliños e as manualidades para traballar valores como a ledicia, a xenerosidade, a convivencia e o respecto polas tradicións, desde unha perspectiva laica e inclusiva.