miércoles, 2 de abril de 2025

PRIMAVERA....

 A primavera é unha estación que trae consigo múltiples cambios na natureza, ofrecendo unha oportunidade ideal para estimular o desenvolvemento integral dos cativos. Nesta etapa, a aprendizaxe baséase na exploración, na experimentación e no descubrimento a través dos sentidos.

  1. Estimular os sentidos mediante a observación de cores, texturas, sons e olores.

  2. Favorecer o desenvolvemento da linguaxe introducindo vocabulario relacionado coa estación (flores, sol, bolboretas, choiva, etc.).

  3. Potenciar a motricidade grosa e fina a través das actividades.

  4. Fomentar a curiosidade e o descubrimento, promovendo a aprendizaxe a través da exploración.

  5. Desenvolver a socialización e as emocións positivas mediante experiencias compartidas.

  6. Iniciar a conciencia ambiental mediante o respecto e o coidado da natureza.














No hay comentarios:

Publicar un comentario