miércoles, 25 de junio de 2025

ACTIVIDADES E DESPEDIDA DE EVA...

Despedímonos con agarimo de Eva, que durante as súas prácticas formativas na escola demostrou unha gran implicación, responsabilidade e ganas de aprender.

Foi un pracer acompañarte neste tramo do teu camiño profesional, e agradecemos profundamente o teu compromiso, a túa actitude positiva e o bo ambiente que soubeches crear entre nós.

Desexámosche moito éxito en todo o que veña, tanto a nivel persoal como profesional. Estamos convencidas de que o futuro traerá moitas boas oportunidades para ti, e que saberás aproveitalas con intelixencia e ilusión.

Moitas grazas por compartir este tempo connosco. Ata sempre Eva.

 
















No hay comentarios:

Publicar un comentario