miércoles, 13 de febrero de 2013

FESTA DE CARNAVAL E FLASHMOB

Un flashmob, traducido literalmente do inglés como multitude instantánea(flash: escintileo, refacho; mob: multitude) é unha acción organizada na que un gran grupo de persoas reúnese de súpeto nun lugar público, realiza algo inusual e logo dispérsase rapidamente. 

 Despois de 19 anos;este ano decidimos non montar a carroza,  nin participar no desfile de entroido do Concello.Pero si fixemos: unha gran festa de disfraces, con merenda no RESTAURANTE SAMANA,baile, teatro de sombras con  "grandes premios" e o noso particular flashmob. Agradecer tamén ao Café de Xulia polas pizzas, á mama de Eva polas tartas , a mama de Alejandro polo cesto coas rosquillas e a todas e todos pola vosa participación e colaboración ( como di a canción de Amaral "sin ti no soy nada"http://www.youtube.com/watch?v=nTmDXbKfN9Q).Grazas.
E como sempre a mellor información en CATROGATOS http://www.catrogatos.com/2013/02/a-escola-infantil-elfos-organiza-unha-festa-e-unha-flash-move-na-rua/
































lunes, 4 de febrero de 2013

OPERACIÓN ENTROIDO....

TOP SECRET:

Comeza a operación entroido.Poñemos o reloxo conta atrás para o inicio da ofensiva, o día D ás H horas, lugar o centro neurálxico.
Debemos estar preparados, así que o Venres ás 20:30h. e Sábado as 17:00 h. en ELFOS, Domingo ás 11:00 h. no pavillón do colexio de Figueroa ,adestramento intensivo conxunto( a suar a camiseta).
No link quédavos a marcha.....

http://dl.dropbox.com/u/24002953/musica_entroido.rar

déixovos tamén a ligazón coa película por se a queredes ver,(non apta para nenos)



https://www.youtube.com/watch?v=bBBhGqsMF5Q

MANEL NA ESCOLA

Aquí temos a Manel, facendo un obradoiro, con todos os nenos na escola e tamén cos pais ( bueno cas nais e un pai, ole para o papa de Sara) e para rematar un vídeo de a PACA e o PACO















lunes, 28 de enero de 2013

REMATARON AS 1ª XORNADAS POLA EDUCACIÓN INFANTIL

    Xa remataron as 1ª xornadas pola educación infantil celebradas na Estrada.Tanto as conferencias como os obradoiros un éxito rotundo,  pero non vou ser eu quen as comente, senón a revista dixital CATROGATOS, déixovos a ligazón.http://www.catrogatos.com/educacion-3/












 E para rematar uns videos....