Mostrando entradas con la etiqueta voz natura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta voz natura. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de noviembre de 2026

CABAZAS...

     O Samaín é unha celebración tradicional de orixe celta moi arraigada na cultura galega, vinculada ao cambio de estación, á chegada do outono e á lembranza das persoas que xa non están.

    A cabaza é un dos elementos máis representativos desta festividade.A través da elaboración e exploración das cabazas  pretendemos achegar aos nenos e nenas ás tradicións culturais galegas.

    Mediante a manipulación de cabazas, a observación das súas cores, formas, tamaños e texturas, así como a realización de propostas plásticas, sensoriais e musicais, favoreceremos a curiosidade, a experimentación e o desenvolvemento dos sentidos.














viernes, 30 de octubre de 2026

A COR VERMELLA..

     A aprendizaxe das cores é unha parte importante do desenvolvemento infantil, xa que permite aos nenos e nenas descubrir, explorar e coñecer o mundo que os rodea;a través dos sentidos, da experimentación, do xogo e da manipulación de diferentes materiais e obxectos.

    A cor vermella é unha das cores máis chamativas e facilmente recoñecibles,.A través de actividades visuais, sensoriais, manipulativas e musicais, favoreceremos a curiosidade, a atención, a expresión e o desenvolvemento da linguaxe.Achegándose a descubrir a cor vermella dunha maneira lúdica, vivencial e adaptada ao seu ritmo de aprendizaxe.

    Fomentando: Identificar e recoñecer a cor vermella en diferentes obxectos,desenvolver a percepción visual e a atención,estimular os sentidos mediante a manipulación,favorecer a coordinación óculo-manual e a motricidade fina e ampliar o vocabulario relacionado coas cores e os obxectos cotiáns.

















viernes, 23 de octubre de 2026

A MAXIA DO OUTONO:CORES E FOLLAS....

    Mediante a manipulación de follas secas e a creación dun mural colectivo, descubrimos diferentes cores, formas, texturas e sons propios desta estación.

    O uso de pintura permite experimentar coas cores do outono e participar nunha creación compartida.Favorecendo a curiosidade, a creatividade, a coordinación óculo-manual e a interacción co grupo, promovendo tamén o respecto pola natureza e o traballo cooperativo.














viernes, 16 de octubre de 2026

BANDEXAS DE OUTONO....

     A exploración dos elementos do outono a través de bandexas sensoriais pretende achegar aos cativos ao coñecemento do contorno natural dunha maneira activa, manipulativa e significativa.

    A través da observación, da manipulación e da exploración de materiais naturais, descubrimos diferentes cores, formas, tamaños, texturas, pesos e sons propios desta estación. As bandexas ofrecen un espazo delimitado e organizado que favorece a curiosidade, a autonomía, a concentración e a iniciativa persoal.Favorecendo o desenvolvemento sensorial, motor, cognitivo, lingüístico e afectivo, así como o respecto e coidado da natureza.