Mostrando entradas con la etiqueta subvención. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta subvención. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de abril de 2021

VISITA DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL.

 A conselleira de Política Social, Fabiola García,acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López,do Director Xeral de Familia,Jacobo Rey e do Alcalde de A Estrada, visitan a escola para coñecer a Dumy (posiblemente o primeiro robot social educativo nunha escola infantil en Galicia).

O Goberno galego apoiou esta iniciativa a través da orde de axudas para mellorar as infraestruturas e o equipamento das escolas infantís de iniciativa social.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56809/fabiola-garcia-anima-las-escuelas-infantiles-apostar-por-tecnologia-para-complementar

 




lunes, 25 de enero de 2021

PROGRAMA DE FROITA E LEITE...

A escola durante estas semanas repartirá entre o alumnado froita a través do programa de froita e leite do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

 








viernes, 30 de octubre de 2020

AXUDAS INVESTIMENTO.

 


 


 

 A Xunta de Galicia destinou 400.000€  para a mellora de 19 escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS), que conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

O obxecto destas achegas é reforzar a calidade da atención educativa que prestan estes centros. A contía máxima que pode chegar a recibir cada centro ascende a 25.000 euros: 15.000 para obras que melloren a accesibilidade da escola ou a doten dos servizos necesarios e 10.000 euros para a renovación do mobiliario e o material didáctico e de xogo.

A Escola recibeu unha axuda de10.886,91€ para un gasto total subvencionable de 11.220,05€. Desagregado da seguinte forma:

-Infraestruturas:

  • Polo importe total de 4.122,05€,sendo subvencionable 3.788,91€ e a entidade achega 333,14€.

-Equipamento:

  • Por un importe de 2.178€.

-Tecnoloxías:

  • Por un importe de 4.920€.

jueves, 30 de enero de 2020

PLAN DE CONSUMO DE LEITE E FROITAS...


A escola adheriuse ao Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite.

Os principais obxectivos deste programa son:

-Potenciar o consumo e a demanda de froitas e produtos lácteos.

-Mellorar os hábitos alimentarios da poboación infantil.







miércoles, 4 de diciembre de 2019

AXUDAS INVESTIMENTO.

A Xunta de Galicia concedeu a 27 escolas infantís dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS) achegas económicas por un valor de preto de 400.000 euros para a mellora das instalacións, a adquisición de novo equipamento e a incorporación de novas tecnoloxías. Política Social concede estas axudas, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feader).

O Goberno galego chegou a todas as EPIS que solicitaron estas axudas e reunían os requisitos establecidos na convocatoria: 20 na provincia de Pontevedra, seis da Coruña e unha en Lugo. Cunha contía máxima que pode recibir cada centro de 25.000 euros: 15.000 euros para as obras de mellora e de 10.000 para a compra de equipamento máis a integración das novas tecnoloxías nas aulas.

A Escola Infantil Elfos recibiu 15.604,39€. repartidos nas seguintes partidas: 10.118,17 € para obras menores, 2.965,98€. para equipamento e 2.520,24€. para novas tecnoloxías. 



martes, 4 de diciembre de 2018

AXUDAS PARA INVESTIMENTO.


A consellería de Política Social da Xunta de Galicia convocou Axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro para a adecuación e mellora das escolas infantís 0-3.


Financiará até o 100% do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 15.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 10.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula. Cada entidade poderá percibir unha axuda máxima de 25.000 euros.



 A ESCOLA INFANTIL ELFOS foi subvencionada por un total de 16.420,56 €. para equipamento de novas tecnoloxías, colocación de chan e imprimación  hidrófuga na fachada.