Mostrando entradas con la etiqueta información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta información. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de diciembre de 2025

SAÚDE MENTAL E AS RABECHAS...

     Nesta charla impartida, pola psicóloga ROCIO LOUZAO,abordouse a importancia da saúde mental tras o nacemento dun fillo ou filla, poñendo o foco tanto nas nais como nos pais. Destacouse que os problemas emocionais no posparto son frecuentes pero seguen a estar invisibilizados e infradiagnosticados. Explicouse a diferenza entre o baby blues e a depresión posparto, así como outras dificultades psicolóxicas que poden aparecer nesta etapa, facendo fincapé nos factores de risco e na relevancia do apoio social, da comunicación e do autocuidado para favorecer unha maternidade e paternidade máis saudables e desfrutadas.

    Na segunda parte da sesión tratouse a xestión das rabechas na infancia, entendéndoas como unha etapa normal do desenvolvemento emocional. Analizáronse as principais causas das rabechas e a necesidade de previlas cando sexa posible mediante rutinas, anticipación e conexión emocional. Subliñouse a importancia de acompañar ás crianzas dende a calma, validando as súas emocións, mantendo límites firmes sen recorrer á violencia e empregando estratexias como o xogo e a oferta de opcións. Concluíuse que unha xestión respectuosa das rabechas contribúe ao desenvolvemento emocional, á autoestima e ás habilidades sociais dos nenos e nenas.







lunes, 15 de diciembre de 2025

HUMIDIFICADOR ...

 A nai de Martina agasallounos con un humidificador con cromoterapia.

    Os humidificadores son dispositivos que engaden humidade ao aire. Nos cativos, especialmente nos que viven en climas secos ou en ambientes con calefacción ou aire acondicionado, un humidificador pode ser beneficioso, xa que axuda a:

  1. Previr a sequedad nas vías respiratorias, na pel e nos ollos.
  2. Reducir os síntomas de resfriados ou alerxias, como a tos seca e a congestión nasal.
  3. Mellorar a calidade do soño, xa que un ambiente máis húmido pode aliviar a incomodidade das vías respiratorias.

    A cromoterapia é unha técnica alternativa que usa cores e luces para tratar diversas condicións emocionais e físicas. As cores proxéctanse a través de luces LED, creando un ambiente visualmente estimulante que pode axudar a tranquilizar aos nenos e contribuír ao seu benestar emocional, especialmente se se senten irritados ou nerviosos.










miércoles, 12 de noviembre de 2025

LIBROS...

    Agasallo de Alba Espiño Rodríguez ( a tía de Gorka) de  dous contos escritos  por ela: ."Olivia y el pato Lolo" que ensina  a como superar os medos e "Tuly" onde os vagalumes iluminan a noite con flash máxicos....todas,menos ....











miércoles, 6 de septiembre de 2023

BENVIDOS AO NOVO CURSO....

¡Benvidos ao  novo curso 2023-24!

Estamos emocionados de compartir este viaxe educativo que comeza. ¡Xuntos, construiremos un futuro brillante para os vosos fillos!