Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de noviembre de 2025

EXPERIMENTOS TERRORÍFICOS...

      Celebramos o Samhain cunha actividade de experimentación sensorial e química. Preparáronse diferentes espazos con materiais seguros e manipulables, como auga coloreada, bicarbonato, vinagre, fariña, xelatina e cabazas baleiradas.

    O momento máis emocionante foi a “cabaza efervescente”, onde ao mesturar bicarbonato e vinagre apareceu unha escuma chea de burbullas. Tamén se exploraron texturas brandas, líquidos de cores e botellas sensoriais, favorecendo a curiosidade.























lunes, 4 de agosto de 2025

FIN DE CURSO....

Que bonito foi este curso! 🎨📚💫

Agora que o curso remata, deixamos un vídeo moi especial cos momentos máis bonitos do ano: xogos, risas, disfraces, excursións… e moitas aventuras xuntos!

Sentímonos moi felices por todo o que aprendemos e compartimos. Foi un curso cheo de maxia, agarimo e moitos sorrisos.

Agora tocan VACACIÓNS. Tempo para descansar, xogar, estar coa familia e seguir soñando.

Vémonos no próximo curso con moitas ganas e apertas novas! 💛



 

miércoles, 19 de marzo de 2025

FARM ANIMALS...

 A aprendizaxe dunha segunda e terceira lingua na primeira infancia é un proceso natural e altamente efectivo debido á plasticidade cerebral dos nenos nesta etapa. Durante os primeiros tres anos de vida, o cerebro está na súa máxima capacidade de absorción de información, o que facilita a adquisición dun novo idioma de maneira intuitiva e sen esforzo.

Introducir o inglés desde a primeira infancia contribúe ao desenvolvemento integral do neno, fomentando habilidades cognitivas, lingüísticas e sociais. 


 

viernes, 2 de agosto de 2024

RECORDOS CURSO 23-24....

¡O fin de curso chegou! Foi un ano cheo de aprendizaxe, crecemento e momentos inesquecibles. Grazas a todos polo voso esforzo, dedicación e por facer deste ano unha etapa especial nas nosas vidas.

Para celebrar e recordar os mellores momentos deste ano, creamos un vídeo que recolle os instantes máis significativos e emotivos. Dende as primeiras clases, pasando por actividades, proxectos e eventos especiais, ata os momentos de camaradería e diversión. ¡Agardamos que o gocedes tanto como nós gozamos vivilos!

Despedímonos coa esperanza de que o próximo curso nos traia novas oportunidades, aprendizaxes e experiencias que nos enriquezan aínda máis. 

¡Vémonos o próximo curso 2024-25!




 

 

 Instantes do curso 2023-24 para lembrar.




 






jueves, 4 de julio de 2024

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER....

O día da festa de fin de curso, un grupo de pais e nais da escola Infantil Elfos sorprendeu a todos cunha  representación da obra: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". A iniciativa, que xurde como unha maneira de involucrar máis ás familias nas actividades do centro.

"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"... Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza...

 







jueves, 25 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO....

 O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, unha data dedicada á promoción da lectura.

Baixo o lema "LER DEIXA PEGADA", en colaboración coa profesora María Varela Frade e as súas alumnas e alumnos da asignatura de coro do I.E.S. Manuel García Barros, visitamos a Biblioteca Municipal da Estrada. Alí, os mestres María Teresa Filloy Chao e David Otero Fernández levaron a cabo unha sesión de contacontos. De volta na escola, recargamos forzas e continuamos coa lectura de contos, cancións e bailes preparados polos alumnos de coro do I.E.S. García Barros para os máis pequenos. A lectura dunha poesía de David Otero realizada expresamente para a escola, e a representación en teatro de sombras da canción "A la sombra de mi sombra", foron algunhas das iniciativas destinadas a fomentar a lectura e o amor polos libros.

"Ler deixa pegada" resalta a idea de que a lectura non só é unha actividade pasaxeira, senón que deixa unha impresión duradeira nas nosas vidas. Cada libro que lemos, cada historia que absorbemos, cada personaxe co que nos identificamos, todo iso deixa unha marca na nosa mente e no noso corazón.

 "...E así a cada libro...eu direille sempre,sempre:

QUERO LERTE...TERTE SEMPRE

QUERO AMARTE...NON DEIXARTE

E diche o libro...con afecto...sempre,sempre...

VÉN CONMIGO MIÑA AMIGA

SEMPRE AMIGA...LE COMIGO...

VÉN COMIGO MEU AMIGO

LE COMIGO...MEU AMIGO."

                                          (David Otero,escritor e mestre)

https://xornaldaestrada.com/2024/04/23/alumnos-do-garcia-barros-cantanlle-e-contanlle-contos-aos-rapaces-da-garderia/ 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2024/04/22/dia-do-libro-casa-das-letras-estrada/00031713813916729219236.htm 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2024/04/24/span-langgl-estrada-acollera-unha-feira-infantil-do-libro-segunda-manspan/0003_202404D24C4994.htm