Mostrando entradas con la etiqueta conmemoración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoración. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2026

PAZ.....

 A celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz constitúe unha oportunidade para promover, valores fundamentais como o respecto, a convivencia, a empatía, a cooperación e a resolución pacífica dos conflitos.

A Praza da Farola acolleu unha celebración do Día da Paz na que participaron o coro do IES Manuel García Barros, alumnado do CEIP de O Foxo, nenos e nenas da Escola Infantil Elfos e usuarios de AGADEA. Durante o acto realizáronse actuacións musicais, bailes, unha performance en apoio ao pobo palestino e a lectura dun manifesto a cargo de Xosé Luna. 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2026/06/10/siempre-buen-dia-paz/0003_202606D10C4998.htm 


















viernes, 29 de mayo de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

     O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio para festexar a lingua galega e as persoas que escribiron e traballaron polo galego. Cada ano dedícase a unha persoa diferente.

    Este ano a homenaxe é para Begoña Caamaño, escritora e xornalista galega que amaba os libros, as historias e a nosa lingua.A través dela achegámonos ao mundo dos contos, da creatividade e do amor pola nosa lingua e cultura

.








viernes, 15 de mayo de 2026

OS MAIOS...

 Os Maios é unha festa tradicional galega que se celebra para dar a benvida á primavera e celebrar o renacer da natureza. Esta tradición ten unha orixe moi antiga e está relacionada co bo tempo, as flores, os campos verdes e o final do inverno.

    Durante estos días, elaboramos os “maios”, que son figuras ou estruturas decoradas con flores, follas, herba, fiúnchos, laranxas e outros elementos naturais. 

    Ademais dos maios, cantamos as chamadas “coplas dos maios”e para rematar as xornadas un pouco de diversión nas "colchonetas".

























viernes, 24 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO....

    O Día do Libro celébrase o 23 de abril para promover a lectura, coincidindo coa data do falecemento de autores moi importantes como Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

    Esta celebración convértese nunha oportunidade ideal para iniciar aos nenos e nenas no gusto polos libros. Ademais, aproveitamos esta data para visitar á biblioteca municipal. A visita permiteu que os cativos coñezan a biblioteca como un lugar atractivo e accesible, fomentando a curiosidade, a exploración e o interese polos contos. 

Achegarse aos libros é fundamental para o desenvolvemento da linguaxe e a imaxinación .