Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de agosto de 2026

ILLA DE SALVORA....

     Para celebrar o fin de curso tivemos a oportunidade de facer unha excursión á illa de Sálvora, situada na ría de Arousa e pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. 

    A viaxe comezou cun percorrido en barco ata a illa. Durante o traxecto puidemos contemplar o mar,a paisaxe da ría e experimentar a velocidade surcando a ría. Ao chegar a Sálvora, sorprendeunos a súa tranquilidade e a súa paisaxe practicamente natural e as súas praias.

     Durante a visita fixemos unha ruta pola illa e coñecemos parte da súa historia. Un dos lugares que máis nos chamou a atención foi a antiga aldea, que recorda a época na que a illa estaba habitada. Ademais, aprendemos algunhas historias e lendas relacionadas con Sálvora.

Feliz verán a toda/os.











viernes, 22 de mayo de 2026

MARCELLE....

Visitamos Marcelle Natureza, o que nos permitiu descubrir o medio natural a través da observación directa, da experimentación e da convivencia coas familias.

Durante a visita, tivemos a oportunidade de observar diferentes animais, descubrir as súas características e explorar espazos naturais nun ambiente lúdico e enriquecedor.


                                        




























miércoles, 31 de diciembre de 2025

BELÉN...

 Visitamos o Belén instalado na Igrexa parroquial de A Estrada.Conta con 15 metros de longo e ten un encoro e un acueduto.

Felices Festas,Bo Nadal e Próspero Ano Novo.











miércoles, 12 de junio de 2024

EXCURSIÓN FIN DE CURSO....

 Tivemos unha excursión fantástica ao Grove. Viaxamos en autobús e ao chegar embarcamos nun barco para percorrer a ría, onde degustamos uns deliciosos mexillóns e vimos as bateas. Visitamos o Parque Grovits na Illa da Toxa, o acuario do Grove e aprendemos sobre a vida mariña local. Rematando o día merendando na praia, xogando na area e gozando do mar. Foi un día cheo de aprendizaxe e diversión. ¡Inesquecible!