O Samaín é unha celebración tradicional de orixe celta moi arraigada na cultura galega, vinculada ao cambio de estación, á chegada do outono e á lembranza das persoas que xa non están.
A cabaza é un dos elementos máis representativos desta festividade.A través da elaboración e exploración das cabazas pretendemos achegar aos nenos e nenas ás tradicións culturais galegas.
Mediante a manipulación de cabazas, a observación das súas cores, formas, tamaños e texturas, así como a realización de propostas plásticas, sensoriais e musicais, favoreceremos a curiosidade, a experimentación e o desenvolvemento dos sentidos.













.jpg)
