lunes, 4 de noviembre de 2019

SAMAÍN...

Chega o día de celebrar a antiga tradición de tallar e decorar as cabazas, acompañado dun festín arrepiante mente delicioso, elaborado pola mamá de Samuel,a base de fantasmas de plátano,caveiras de mandarina,sombreiros de bruxa ou pastel de cabaza.























lunes, 28 de octubre de 2019

SIDRERÍA PEROJA...

Visitamos a Sidrería Peroja en Agar-A Estrada.Un lagar que produce sidra natural e derivados da mazá, de produción ecolóxica e colleita propia. Alí puidemos ver os pomares,o lagar,as instalacións e o proceso de estrullar e prensar a mazá, para obter o mosto que maís adiante converterase en sidra.

Rematando cunha degustación do zume de mazá recen espremido acompañados duns entremeses cos cales nos agasallaron.Moitas grazas.