viernes, 24 de mayo de 2024

MAIOS E FESTA DO SALMON....

Realizando os preparativos para celebrar a Festa do Salmón e os Maios.

Obxectivos:

  1. Fomentar o desenvolvemento sensorial a través de actividades relacionadas co salmón e os adornos florais.
  2. Promover a conciencia cultural e o sentido de pertenza á comunidade.
  3. Estimular a creatividade e a motricidade fina mediante a manipulación de materiais e a creación de adornos florais. 





















 

miércoles, 22 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

 Luisa Villalta (A Coruña 1957 - 2004)

Este ano 2024 Luísa Villalta vai ser homenaxeada co Día das Letras Galegas, sendo só a sexta muller nas 61 edicións celebradas.

Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual que traballou en distintos campos: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas.

Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.


















miércoles, 15 de mayo de 2024

SEMENTEIRA....

 A sementeira e o cultivo son actividades que lles permiten aos nenos explorar o ciclo de vida das plantas, desenvolver habilidades motoras finas e grosas, fomentar a curiosidade e o coidado do medio ambiente.

  • Introducir aos nenos no proceso de sementeira e crecemento de plantas.
  • Fomentar a curiosidade e o respecto pola natureza.
  • Desenvolver habilidades motoras finas e grosas.
  • Estimular a linguaxe a través da descrición dos procesos e observacións.