lunes, 19 de mayo de 2025

DÍA DA FAMILIA...

 A familia é o primeiro núcleo de socialización e desenvolvemento emocional na primeira infancia. 

Celebrar o Día da Familia cunha carreira fomenta:

- Vínculo afectivo entre pais e fillos.

-Desenvolvemento psicomotor (coordinación, equilibrio, psicomotricidade gruesa).
-Valores como a cooperación e o traballo en equipo.
-Espazos lúdicos que integran as familias no proceso educativo.

 Esta carreira  de relevos non é unha competición, senón unha celebración do amor familiar a través do xogo. Ao involucrar aos adultos, refórzase a idea de que a aprendizaxe e a diversión comezan na casa.

PARABÉNS PARA TODAS/OS.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2025/05/17/carrera-relevos-familia-elfos/0003_2025

 


   

 


viernes, 16 de mayo de 2025

FLORES...

 As flores permítenos achegar os nenos e nenas ao contorno natural que os rodea, estimulando a súa curiosidade e favorecendo o desenvolvemento sensorial, cognitivo e afectivo. A través de actividades manipulativas, visuais e de experimentación, os nenos e nenas desenvolven a súa capacidade de observación, atención e linguaxe. O contacto con elementos naturais tamén fomenta o respecto pola natureza.


















lunes, 12 de mayo de 2025

OS MAIOS...

 A festa dos Maios é unha celebración tradicional galega que se realiza arredor de principios de maio que marca a chegada da primavera, destacando pola súa riqueza cultural, musical e simbólica. Ten orixes moi antigas e simboliza o renacer da natureza tras o inverno. Os protagonistas son os "maios", figuras ou estructuras decoradas con elementos naturais como flores, herba, follas, laranxas, ovos ou cunchas, que adoitan ter forma de cono ou figura humana. Esta festa promove a convivencia, a creatividade e a transmisión da cultura popular galega ás novas xeracións.

Pretendemos achegar esta tradición ao alumnado,respectando os seus ritmos e intereses, ofrecendo experiencias sensoriais, artísticas e lúdicas que fomenten a participación, a identidade cultural e a expresión individual e grupal.

 

























lunes, 5 de mayo de 2025

MINI-MUNDOS....

 Crear un espazo lúdico e sensorial denominado Mini-mundo Primaveral, deseñado para que os cativos interactúen coa natureza, desenvolvan as súas habilidades sensoriais e cognitivas, e fagan un desenvolvemento emocional a través de experiencias sensoriais inspiradas na primavera.