Felicidades aos catro polo voso aniversario e unha recomendación para todos os nenos e nenas que cumpren 2 anos
TEÑO 2 ANOS E SON ASI:
QUE SON CAPAZ DE FACER:.
- Pensar en min.
- Expresar as miñas necesidades.
- Imitar.
- Xogar só-a, comer sen axuda, correr, saltar,
subir e baixar escaleiras.
- Pelexar por un xoguete.
- Comunicarme.
- Adquirir hábitos.
- Explorar os obxectos.
QUE NON PODO FACER:.
- Medrar sen afecto.
- Pensar nos demais.
- Adaptarme rapidamente a situacións novas.
- Fixar moito tempo a atención.
- Estar quieto-a moito tempo.
- Expresarme correctamente de forma oral.
- Controlar sempre os esfínteres.
QUE NON PODO FACER, PERO PODO APRENDER:.
- Separarme dos meus pais e crear lazos
afectivos con outros adultos.
- Xogar con outros-as e á beira doutros/as.
- Compartir xoguetes.
- Adaptar os meus ritmos biolóxicos.
- Adquirir autonomía.
- Estar sentado-a un intre.
- Fixar a atención.
- Escoller, elixir.
- Comunicarme de moitas formas.
- Aprender a falar aos poucos.
- Controlar os esfínteres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario