Do latín milium, grans pequenos e en gran
número, xurde o millo para expresar un dos tótems da cultura gastronómica
galega, e quizais unha das fontes de alimentación máis recorridas no mundo.
Dende a época castrexa, en Galicia chamábaselle millo ó mijo, o millo miúdo ou
paínzo (Panicum miliaceum), pasando a denominarse millo ó gran
orixinario de América fai case catrocentos anos. Na Península Ibérica coñécese
coma maíz, xa que ó preguntarlle os conquistadores españois polo nome desa planta a un nativo, este respóndelles "ma is", querendo dicir "tómao",
"cólleo ti mesmo".
Cando o millo esta
maduro faise a seitura, esta pode ser ben cortando a planta enteira ou recollendo as espigas.
Despois faise a
esfolla Se o
tempo o permitía a esfolla podíase facer na propia leira. Para realizar esta
tarefa xuntábanse mozos e mozas que ían sacando coas mans as follas que
rodeaban a mazaroca. Logo as espigas íanse debullando a man e unha vez limpo o millo
gardábase nas arcas ata a hora de levalo
a moer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario